martes, 23 de junio de 2009

INICIATIVA DE IZQUIERDA UNIDA (Mugardos)

Entendemos que, mejor que hacer un comentario sobre el asunto, ustedes lean y opinen.Esto es una de las iniciativas que aplaudimos desde Eurorias.

ª Pilar Díaz Otero, como portavoz do G.M. de E.U.-I.U. no Concello de Mugardos ó amparo do regulamento vixente presenta ó Concello Pleno a seguinte moción para a súa aprobación se procede:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

No debate plenario correspóndente ós orzamentos, dende o noso grupo municipal manifestábamos que dende a corporación municipal se debía dar un exemplo de austeridade en canto ás indemnizacións aprobadas por asistencia a comisión informativas, mesas de contratacións, plenos, xuntas de voceiros, xuntas de goberno, en definitiva, en tódalas comisión informativas, mesas de contratación e órganos de decisión colexiados do Concello.
Dende o noso grupo xa realizaramos previamente a este debate unha proposta para disminuir a indemnización que percibe cada concelleira/o por asistencia a comisión para incrementar a partida de emerxencia social.Dado que posteriormente tódolos grupos municipais apoiamos un incremento da partida de emerxencia social e si fóra necesario unha modificación de crédito para dar cobertura a tódalas demandas plantexadas dentro do regulamento aprobado por unanimidade da comisión de benestar social, igualdade e sanidade e polo que desistimos de seguir facendo a proposta no mesmo senso, proposta que por certo nunca chegou a debatirse na comisión de facenda.
Agora dende o noso punto de vista, o exemplo de austeridade debe seguir permanecendo aínda que cambiando o obxectivo final do aforro acumulado, de ser aprobada a moción.Este obxectivo pola nosa parte é adicar todo o aforro acumulado a contratacións temporais no ámbito da promoción turística de Mugardos, e polo tanto, servir ó desenrolo da economía local e contribuir a rebaixar o número de paradas/os en Mugardos, dado que o número de persoas formadas en turismo nos últimos anos a través dos cursos F.I.P. foi importante.
Non deberíamos esquencer que o maior número de paradas/os no Concello de Mugardos esta no sector servicios e que o comercio e a hostalería local son un dos pilares do desenrolo da nosa economía local e da xeneración de emprego.Polo tanto, esta medida serviría para rebaixar temporalmente o número de paradas/os, activar a economía local e impulsar a política turística do noso concello e a súa promoción no exterior.
Por todo o cal, o concello pleno

ACORDA:
1.- Trasladar á comisión de Facenda e Patrimonio, non máis tarde de 15 días, a ditamen da mesma a posibilidade de rebaixar cando menos un 15% as indemnizacións que perciben as/os concelleiras/os por asistencia a órganos colexiados do Concello (comisións informativas, mesas de contratacións, pleno, xunta de goberno, xunta de voceiros,etc).
2.-Trasladar á comisión de promoción económica, formación, emprego e turismo para o seu debate que o aforro acumulado se invirta en contratacións temporais no ámbito da promoción turísitca de Mugardos, como por exemplo: na contratación de guías de ruta ou dun/dunha axente de desenrolo turísitico para reforzar a economía local, a disminución do paro e a promoción turística de Mugardos.

Mugardos, 19 de xuño de 2009
Portavoz do G.M. de E.U.-I.U.

Asdo. Pilar Díaz Otero

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LA MARIPOSA ROJA

LA MARIPOSA ROJA
imagen de A.O.C.